Saltar ao contido principal

Declaración de Accesibilidade

O Concello de Boiro comprometeuse a facer accesible a súa sede electrónica e as súas aplicacións de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web do sistema de xestión de eventos e reservas do Concello de Boiro.

1. Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican no apartado seguinte.

2. Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

a) Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018

O equipo responsable está a traballar para corrixir estes aspectos e acadar a conformidade total co nivel AA das WCAG 2.1.

b) Carga desproporcionada

Non aplica.

c) O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable

Non aplica.

3. Preparación desta declaración

4. Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real Decreto 1112/2018) —por exemplo, informar dun posible incumprimento ou solicitar información ou contidos excluídos do ámbito de aplicación— a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, presencial ou por medio da súa sede electrónica.

Así mesmo, e pola mesma vía, pode presentar:

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola unidade responsable de accesibilidade do Concello de Boiro, que responderá nos prazos previstos no Real Decreto 1112/2018.

5. Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do Real Decreto 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación ante o Concello de Boiro a través do seu Rexistro Xeral. Igualmente poderá iniciar unha reclamación para coñecer e opoñerse aos motivos da desestimación, instar a adopción das medidas oportunas ou manifestar a súa disconformidade coa decisión adoptada.

Declaración de Accesibilidade | Reservas Concello de Boiro